Moitos nenos e nenas do cole participaron no Concurso de Contos de MEDO. Elaboraron moitas e interesantes historias.
Tamén houbo clases que fixeron un traballo colectivo.
Todas están expostas á entrada da BIBLIOTECA. Lédeas con calma, merece a pena.
lunes, 30 de noviembre de 2015
viernes, 27 de noviembre de 2015
LEMBRANDO A XOSÉ NEIRA VILLAS
Hoxe morreu aos 87 anos, na súa casa de Vila de Cruces, o escritor Xosé Neira Vilas, autor do libro
"MEMORIAS DUN NENO LABREGO", o libro máis lido na Historia da Literatura Galega.
Se queredes coñecer cousas da súa vida ou da súa extensa obra picade no seguinte enlace:
ou ollade o seguinte video;
_
miércoles, 18 de noviembre de 2015
LIBROS PARA COÑECER OS DEREITOS E DEBERES DOS NENOS
O equipo da BIBLIOTECA elaborou este libriño para que os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria o confeccionen, coloreen e o lean.
Tamén fixemos esta selección de libros, que colocamos nos expositores, para que todos os nenos e nenas se informen dos seus dereitos e deberes
Tamén fixemos esta selección de libros, que colocamos nos expositores, para que todos os nenos e nenas se informen dos seus dereitos e deberes
lunes, 16 de noviembre de 2015
SESIÓN DE VÍDEO
Co gallo da celebración do día DEREITOS DA INFANCIA, sesión de vídeo na biblioteca na hora do recreo.
Comezamos co vídeo:
Os nenos non só teñen dereitos, tamén deben cumplir unha serie de deberes. Repasamos os nosos dereitos e os nosos deberes:
Os nenos non só teñen dereitos, tamén deben cumplir unha serie de deberes. Repasamos os nosos dereitos e os nosos deberes:
viernes, 13 de noviembre de 2015
DÍA UNIVERSAL DEREITOS DA INFANCIA
O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos cada 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo . É un día de celebración polos avances acadados, pero sobretodo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os Dereitos da Infancia, e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e o seu desenvolvemento.
DESDE CANDO SE CELEBRA O DÍA UNIVERSAL DO NENO?
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asamblea Xeral da ONU aprobou a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO no ano 1959. Esta declaración que, non tiña legalmente carácter vinculante. non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixosos e outras institucións, chegouse a un acordo para elaborar o texto final da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO o 20 de novembro de 1989. Dende entón millóns de nenos e nenas gozaron dos seus dereitos. Neste ano 2015 a Convención cumpre 9496 días. Cada un deles recórdanos o compromiso da humanidade para que ningún neno se vexa privado de dereitos como a supervivencia, a educación ou a protección.
Se queredes saber un pouco máis deste tema ollade este video:
Escoitade esta canción:
CALES SON OS DEREITOS?
Os Dereitos do neno aparecen recollidos no Decálogo da Convención, para coñecelos pica na palabra DEREITOS ou escoita o seguinte vídeo:
Nos seguintes enlaces atoparedes moitos e variados recursos para traballar na aula :
Suscribirse a:
Entradas (Atom)