viernes, 9 de diciembre de 2016

ESTE NADAL: A RECICLAR!

Dende a biblioteca tamén queremos animarvos a que vos unades á  campaña "ESTE NADAL APÚNTATE Á MOVIDA RECICLA!!". Librín e as eco-mascotas, Mundoman e Belli, queren seguir fomentando entre todos nos a necesidade de reciclar para reducir e contribuír a un mundo máis sostible. Pensan que nestas datas nas que se "dispara" o consumo, debemos contribuír á difusión de prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente. 

Recordamos as  DEZ RAZÓNS PARA RECICLAR  que foron expostas pola OFICINA DE SOSTENIBILIDADE da UNIVERSIDADE de LAS PALMAS de GRAN CANARIA, ou máis brevemente, resumidas en CINCO RAZÓNS  pola ORGANIZACIÓN OXFAM INTERMON. 

Todos sabemos que nestas datas non faltan as árbores de nadal por toda a cidade engalanadas con todo tipo de adornos, igual pasa coas nosas casas, co colexio...  e por que non reutilizamos materiais de refugallo que case todos temos a man: envases de plástico, de cartón, cortiza, papel, envoltorios de cores lisos e estampados, lazos que gardamos de agasallos doutros anos, bólas de plástico, pinzas, piñas que podemos recoller no monte.. ..? Con todo isto podemos facer uns estupendos adornos para a nosa árbore e/ou para calquera rincón da nosa casa e do cole, e tamén para facer agasallos a nosa familia e amigos.

Pois mans á obra, Librín, Mundoman e Belli puxeron en marcha varios talleres de reciclado no noso centro, e claro, non podía faltar un na bibioteca. Durante os recreos do mes de decembro, acoden os nenos e nenas voluntarios que queren unirse á movida recicla e están preparando un montón de adornos. Deixamósvos nas seguintes imaxes un adianto do que están facendo:












E para darvos máis ideas, deixámosvos uns cantos enlaces onde podedes visualizar un montón de manualidades coas que celebrar un NADAL un pouco máis RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE.