jueves, 31 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Desde o ano 1967, o día  2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil coa finalidade de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os mais cativos. Todos os anos editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para ese día:
Este ano, a sección de IBBY do Brasil foi a encargada de elaborar o cartel. A imaxe é do debuxante e ilustrador Ziraldo; o texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que exerce unha biblioteca nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. 
  


No seguinte video fannos un resumo da historia deste día:


Se queredes coñecer a páxina española da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil picade no seguinte enlace: OEPLI


No seguinte enlace atoparedes unha selección de libros moi interesantes: LIBROS















domingo, 20 de marzo de 2016

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, unha decisión adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO, celebrada en París no ano 1999, co obxectivo de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética.
É un día no que debemos deixar voar a nosa imaxinación e reiterar o noso ao arte do bo decir.
Que entendemos por poesía? Os nenos dos seguintes videos dannos unhas respostas ocurrentes, auténticas e reveladoras:




Esta é unha selección de poemas de diferentes autores para que os leades este día:


Disfrutade escoitando estas poesías:






viernes, 18 de marzo de 2016

DÍA DE AGASALLOS

Todos os nosos artistas que participaron na elaboración de poesías ou escribindo e ilustrando poesías de Rosalía recibiron un pequeno agasallo de parte do equipo da Biblioteca.
O nenos e nenas de Infantil e 1º de primaria disfrutaron co noso agasallo:


infantil - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Así de contentos estaban os nosos artistas


poesia - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Felicidades a todos e... a seguir participando!!!

lunes, 14 de marzo de 2016

DIA DO PAI

O día 19 de marzo en España celebramos o DÍA DO PAI, un día moi especial para recordarlle aos nosos pais canto lles queremos e para darlles as grazas polo seu amor e a súa entrega.
Se queredes coñecer a orixe e a historia desta festa, ollade o seguinte video:


Libros para ler co papá:


dia do pai - Kizoa Movie Maker

Unha homenaxe para todos os papás:



Moitas felicidades no seu día!!!!





jueves, 3 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día  8 de Marzo celebrarase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Trátase dunha data, que serve de pretexto para denunciar as carencias que aínda existen no camiño hacia a igualdade entre homes e mulleres, unha desigualdade que segue sendo patente en moitas partes do mundo. Non debería ser un día para celebrar xa que, ainda que se conseguiron algúns dereitos, todavía existe unha desvalorización do traballo da muller, a discriminación laboral, a violencia de xénero,...
Desde a biblioteca unímonos á celebración deste día seleccionando estas actividades  :
Un resumo da orixe e do que se conmemora neste día:



Galegas Ilustres from Fiz

 Videos para reflexionar:








Para todas as mulleres do mundo: